InicioEconomíaTemor entre os traballadores dos asteleiros vigueses

Temor entre os traballadores dos asteleiros vigueses

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) asegurou que todas as empresas do sector asociadas, unhas 600, traballan “practicamente ao 100 cen” a pesar da falta dalgunhas pezas debido á crise sanitaria desencadeada pola expansión do coronavirus que motivou a aplicación de medidas de seguridade para evitar contaxios.

Mediante un comunicado, o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, incidiu na necesidade de que “todas as empresas sigan con minuciosidade os protocolos sanitarios marcados polas administracións“. Así, explicou que as integrantes desta entidade puxeron en marcha “protocolos específicos para previr contaxios e preservar a seguridade de todos os traballadores”.

Con todo, os sindicatos alertan dos riscos que corren os traballadores. Algúns mesmos van traballar con máscara propia porque din que nas fábricas non llas proporcionaron. Tras o positivo dun dos traballadores de Barreras hai un día, recoñecen que hai certo temor a resultar infectados.

Armón Vigo, Freire e Metalships din que manteñen a actividade comercial baixo mínimos pero os seus operarios traballan con normalidade. Aseguran que chegaron a un acordo para que se se produce unha situación de infección, se peche o estaleiro e se bote man dos días de vacacións.

ÚLTIMAS

Navia terá os primeiros 84 novos pisos públicos a comezos de 2027

A Xunta de Galicia prevé ter rematadas as primeiras 84 vivendas da nova Navia...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...