InicioEconomíaA feira Navalia tamén se apraza ata outubro

A feira Navalia tamén se apraza ata outubro

Xa confirmara a participación de 400 expositores e 700 firmas do todo o mundo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da Feira Internacional da Industria Naval, Navalia, que ía celebrarse no Instituto Feiral de Vigo no mes de maio, anunciou este venres o seu adiamento ata finais de outubro, “ante a evolución xerada pola expansión do COVID-19 a nivel mundial e as medidas postas en marcha polo Goberno de España”.

A través dun comunicado, a empresa organizadora do evento, ‘Muéstralo’, trasladou que “é fundamental garantir a saúde dos expositores e dos visitantes” e contribuír á “contención” do virus. “Estas dúas premisas deben estar por encima da celebración de calquera evento“, apuntaron desde Navalia.

A organización sinalou que, para tomar esta decisión, tivo moi en conta “as posibles futuras restricións internacionais que poidan afectar, principalmente, ao peche de aeroportos e/ou fronteiras, e á mobilidade das persoas en xeral”.

A feira, que xa confirmara a participación de 400 expositores e 700 firmas do todo o mundo, recoñeceu que o adiamento supón “un contratempo difícil” e pediu “comprensión e paciencia” aos expositores, moitos dos cales poden “atopar inconvenientes no cambio de datas”.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...