InicioSociedadeAbel Caballero anuncia que o túnel de Porta do Sol sairá directamente...

Abel Caballero anuncia que o túnel de Porta do Sol sairá directamente en Torreceira e Paseo de Alfonso será peonil

Tendo en conta que a construción do túnel e a peonalización de Porta do Sol xa foron adxudicados (e as obras están en marcha) por uns 17 millóns de euros, cofinanciados con fondos europeos. "Farase un modificado, iso non ten problema", resolveu.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pese as protestas da veciñanza da zona contra a construcción do túnel, o alcalde de Vigo anunciou este luns que o túnel que se construirá para soterrar o tráfico de Porta do Sol sairá finalmente na rúa Torrecedeira e non no Paseo de Alfonso (que será peonil). Avanzou que se realizará un “modificado” do actual contrato para introducir ese cambio.

Confirmouno nunha rolda de prensa na que subliñou que, con esta actuación, o tráfico procedente de Policarpo Sanz sairá directamente a Torrecedeira, pasando polo Barrio do Cura, aínda que non deu detalles técnicos da obra.

Do mesmo xeito, con respecto á tramitación administrativa, tampouco aclarou como se acometerá ese cambio. Tendo en conta que a construción do túnel e a peonalización de Porta do Sol xa foron adxudicados (e as obras están en marcha) por uns 17 millóns de euros, cofinanciados con fondos europeos. “Farase un modificado, iso non ten problema”, resolveu.

Con esta modificación, o espazo peonil non se limitará só a Porta do Sol e Elduayen, senón que o Paseo de Alfonso tampouco terá tráfico rodado en superficie. De feito, lembrou que xa desde este luns, e debido ás obras, non se permite a circulación de ningún tipo de vehículo por esa zona do centro de Vigo.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...