InicioCulturaOs nenos vigueses convértense en chefs distinguidos cun novo curso de cociña...

Os nenos vigueses convértense en chefs distinguidos cun novo curso de cociña de Afundación

PUBLICADO O

- Advertisement -

Afundación, a Obra Social de ABANCA, vén de presentar un novo curso de cociña
infantil na súa Aula de Cociña da Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 26). Así,
durante o mes de xuño impartirase o curso «Verán azul cos pequechefs».

Dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, será impartido por Vanessa Sende os días 4, 11, 18 e 25 de xuño en horario de 18:00 a 20:00 h. Todas as prazas dispoñibles para participar foron cubertas.

Prato elaborado / Photopin

Os asistentes aprenderán a elaborar receitas típicas da dieta mediterránea, ideal para
o verán. Coñecerán produtos saudables e aprenderán a cociñalos, gozando de sabores
e recendos estivais.

Cociñarán «tortisalmón», cítricos azar e chocolate, milanesa de lentellas con xudías e améndoas, pastel mediterráneo con caramelo, paella valenciana, tortiñas de muesli con amorodos, empanadiñas de queixo con espinacas ou milfollas de chocolate e mousse de mango.

Prato elaborado / Photopin

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...