InicioCulturaUVigo, USC e Concello de Ponteareas aúnan forzas para asegurar o futuro...

UVigo, USC e Concello de Ponteareas aúnan forzas para asegurar o futuro da arte floral do Corpus

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello de Ponteareas traballará coa Universidade de Vigo e coa Universidade de Santiago no “Plan de desenvolvemento turístico cultural do Corpus de Ponteareas”. Así o anunciou o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, tralas xestións realizadas para a sinatura dun proxecto no que se constituirá un comité científico formado por un grupo de expertos en turismo e desenvolvemento territorial. Os alfombristas tamén contarán cunha participación relevante no desenvolvemento deste proxecto.

No marco desta primeira fase do plan turístico realizarase un diagnóstico estratéxico que arrancará os seus primeiros traballos coa realización de enquisas entre os visitantes para coñecer a súa opinión e detectar carencias e fortalezas.

O plan de desenvolvemento turístico cultural do Corpus tamén contempla a organización dunhas xornadas internacionais sobre a temática “patrimonio etnográfico e marketing territorial turístico” que se celebrarán no último trimestre do ano e suporán unha cita única á que se prevé a participación de representantes institucións municipais de localidades relevantes no arte efémero das alfombras de flores, asociacións internacionais de alfombristas, especialmente aquelas que celebran o Corpus nas mesmas datas que Ponteareas.

“Estas xornadas serán o punto de encontro dos alfombristas a nivel internacional ao fixarse en datas fora dos días de celebración o Corpus no que colectivos máis destacados de alfombristas ven imposible a súa visita a Ponteareas como foi o caso de Genzano (Italia) que ata última hora tentou vir sendo finalmente inviable ao cadrar cos diversos actos do seu programa festivo-cultural”, engaden.

O investigador responsable do proxecto será o catedrático e director do departamento de xeografía da USC, Rubén Lois, que traballa no departamento de investigación do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)  que ven de ser elexido vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional (IGU), un cargo que se suma ao de vocal do comité español desta mesma institución.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...