InicioSociedadeEsta é a historia das mulleres escravizadas polo coidado dun familiar... e...

Esta é a historia das mulleres escravizadas polo coidado dun familiar… e nunca recoñecidas

María, Maricarmen, Charo e Yolanda son mulleres que levan case toda a súa vida coidando de alguén. Toman aquí a palabra para se reivindicar: "Levas o traballo, levas a familia e levas a vida". Este 8M hai que saír á rúa por todas elas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os coidados seguen sendo maioritariamente cousa das mulleres. Son elas quen levan a conta das súas pastillas, quen organizan o xantar de mañá, quen saben o que falta na neveira, quen atenden o familiar enfermo, quen colgan a roupa, quen a dobran, quen a planchan, quen, quen, quen… Un traballo sen descanso e sen fin que esta sociedade pousou intencionadamente sobre os ombros das mulleres e que ás veces “pesa coma unha lousa”. Un traballo que terma das vidas cotiás e que hoxe continúa invisible, non remunerado ou, no caso, con salarios precarios, e nada valorado socialmente.

Os coidados son a causa principal pola que as mulleres se ven obrigadas a reducir as horas do seu traballo ou, directamente, abandonalo. Os recentes estudos poñen números a esta realidade desigual: o 97% das persoas que traballan a tempo parcial debido á necesidade de coidar dos seus familiares son mulleres, que renuncian á vida profesional por ter que atender a vida familiar. Fronte a un 14,4% de homes, o 85,6% restante son mulleres inactivas pola mesma razón. E os datos seguen igual de radicais no que se refire ás excedencias laborais: o 92% delas son solicitadas por mulleres para, de novo, coidar de menores.

Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...