InicioSucesosXulgan en Pontevedra a uns supostos "narcos" que movían droga entre Valencia,...

Xulgan en Pontevedra a uns supostos “narcos” que movían droga entre Valencia, Portugal e Galicia

Afrontan unha pena total de 55 anos e medio de prisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra acolle entre o martes e xoves da próxima semana un xuízo contra seis acusados que afrontan 55 anos e medio de prisión por delitos contra a saúde pública (por venda de cocaína e heroína), tenencia ilícita de armas e falsidade documental. A vista foi suspendida en abril por incomparecencia do principal acusado, que sufriu un accidente.

De acordo co escrito do Ministerio Público, dous dos acusados, de iniciais J.M.G. e A.H., supostamente adquirían a persoas non identificadas asentadas en Valencia “importantes” partidas de droga, que posteriormente gardaban e adulteraban nunha vivenda en Sanxenxo para logo distribuíla entre clientes portugueses e galegos.

No poder das drogas / Photopin

Así ocorreu en decembro de 2015, cando supostamente recibiron unha partida duns 10 quilos de heroína. Do total, A.H. entregou ao redor de tres de quilos a cambio de 91.500 euros a J.C.S., e 1,5 quilos por 58.000 euros a outras dúas personas en Portugal (procesadas nese país por estes feitos); mentres que J.M.G. entregou a D.C.F. e C.C.M. unha cantidade indeterminada de droga.

Posteriormente, J.M.G. e A.H. desprazáronse a Valencia para pagar a heroína recibida a E.L., nacido en Albania e en situación irregular en España, momento en que o tres foron detidos pola Garda Civil. Ao rexistrar no vehículo no que viaxaban, acharon nun compartimento oculto 200.000 euros, ademais dun inhibidor de frecuencias e varios teléfonos.

A dose / Photopin

O fiscal apunta tamén que “no desenvolvemento da súa actividade delituosa” estas persoas fixeron uso de catro vehículos, diversos teléfonos móbiles e cartóns de telefonía, computadores, básculas de precisión e diñeiro en efectivo. Ademais, atopáronlles en total case 3,5 quilos de cocaína e 9,8 de quilos heroína, 21 quilos de paracetamol e cafeína (usada para adulterar e cortar droga); e 36 gramos de metadona.

Así mesmo, ao acusado J.M.G. atopáronlle armas –un revólver e dúas pistolas semiautomáticas, con cartuchos– e no domicilio de D.C.F. e de C.C.M. acharon outra pistola semiautomática e cartuchos, todos eles sen licenzas de uso e guías de pertenza. Igualmente, a J.M.G. e A.H. atopáronlles documentos oficiais alterados ou falseados.

PETICIÓN DE FISCALÍA

Por todo iso, a Fiscalía considéralles autores de dous delitos contra a saúde pública referido a sustancias que causan grave dano á saúde en cantidade de notoria importancia, e un delito contra a saúde pública referido a sustancias que causan grave dano á saúde, tres delitos de tenencia ilícita de armas e cinco delitos de falsidade de documento oficial labores por particular.

Toxicidade / Photopin

Ademais, a D.C.F. e A.H. aplícalles a agravante de reincidencia. Desta forma, pide que J.M.H. sexa condenado a 12 anos e nove meses de prisión; A.H. a 10 anos e 9 meses; E.L. a 8 anos; J.C.S. a 9 anos; D.C.F. a 8 anos e medio; e C.C.M. a 7 anos de cárcere. A maiores, a solicita o comiso das sustancias, diñeiro, instrumentos e efectos intervidos, e que paguen as costas xudiciais.

TRES ANOS POR MENUDEO

Doutra banda, a Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o xoves, día 7, a outro home, de iniciais J.L.G.B., para o que a Fiscalía pide tres anos de prisión e multa de 300 euros por un delito contra a saúde pública referido a sustancias gravemente dañosas.

Segundo o Ministerio Público, en marzo de 2017, o acusado estaba dentro dun vehículo cando entregou unha papelina de cocaína a un comprador a cambio de 20 euros, momento en que foi interceptado pola Garda Civil. Así, atoparon no seu poder 20 euros, dous móbiles e unha dose de cocaína, e na porta do coche outras 11 doses de cocaína e 4 de heroína.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...