InicioPolíticaA viguesa Alexandra Fernández, exdeputada de En Marea, recrutada polo BNG por...

A viguesa Alexandra Fernández, exdeputada de En Marea, recrutada polo BNG por Pontevedra

A Executiva da formación nacionalista propón que sexa a número 3 por Pontevedra, aínda que se barallou como número un e, deste xeito, que as cabezas de lista foran todas mulleres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego recrutou para as súas filas á exdeputada de En Marea Alexandra Fernández, que militou en Anova, organización que deixou tras as desavinzas políticas polos pactos electorais con Podemos e Esquerda Unida.

A Executiva da formación nacionalista propón que sexa a número 3 por Pontevedra, xusto despois da deputada Montse Prado e do cabeza de lista, Luís Bará, co que quedarían representadas as comarcas de Pontevedra, Arousa e Vigo nos postos de saída do Bloque. Deste xeito, e segundo as enquisas, esta posición garántelle un escano no Parlamento galego.

Con todo, segundo puido saber este xornal, existía a posibilidade de que Fernández liderase a lista por Pontevedra, algo que se viu freado pola dirección do partido e, principalmente, desde a UPG.

Alexandra Fernández, que se desmarcou do grupo confederal de Unidas Podemos-En Marea na votación dos orzamentos de Pedro Sánchez que non viron luz verde e desembocaron nas primeiras eleccións xerais tras a moción de censura a Mariano Rajoy, xa mostrara o seu apoio ao BNG nos últimos comicios ao Congreso, que supuxeron o regreso da formación nacionalista galega ás Cortes Xerais.

O BNG avanzou este xoves os cabezas de lista polas catro provincias, postos nos que repiten Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Luís Bará (Pontevedra). Ademais, tamén serán candidatos en postos de saída os outros dous deputados na X Lexislatura: Xosé Luís ‘Mini’ Rivas (número dous pola Coruña) e Montse Prado (dous por Pontevedra).

Os nacionalistas xa anunciaran, tamén, unha importante presenza feminina nas candidaturas e incorporacións relevantes ás listas e, de feito, viñan falando de incluír nomes relevantes procedentes do espazo de En Marea na súa pata nacionalista.

Con este nome confírmase que o BNG incorpora activos do nacionalismo descontento co que se denominou espazo de confluencia e que levou tamén á división do espazo político aglutinado ao redor de En Marea. O partido político que situou ao maxistrado Luís Villares á fronte acabou cos seus deputados no Grupo Mixto e decidiu non presentarse ás eleccións o próximo 5 de abril.

Máis en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...