InicioSucesosFerido grave ao electrocutarse cuns cables da luz mentres tallaba unha árbore...

Ferido grave ao electrocutarse cuns cables da luz mentres tallaba unha árbore en Crecente

O suceso rexistrouse no lugar de Tixosa, na parroquia de Rebordechán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido de gravidade tras electrocutarse mentres tallaba unha árbore que estaba apoiado nuns cables eléctricos, no municipio de Crecente.

O suceso rexistrouse no lugar de Tixosa, na parroquia de Rebordechán, sobre as 15,30 horas. Debido á gravidade do accidente, Urxencias Sanitarias mobilizou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar dos feitos.

Desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil, do GES e Bombeiros de Ponteareas e da empresa subministradora de electricidade.

ÚLTIMAS

Condenan a Adif por vulneración do dereito á folga da CXT e dun afiliado en Vigo

O Tribunal Supremo ditou sentenza condenatoria contra Adif e favorable ao exposto pola CGT,...

Retencións quilométricas na AP-9 en Vigo por un choque múltiple con 10 vehículos implicados

A AP-9 volveu rexistrar na mañá deste mércores longas retencións na entrada de Vigo,...

Autónomos en campaña electoral: rebaixas, medias verdades e “trampantojos”

Quitar o IVE, non subir as cotas, cota cero. As promesas electorais parecen diñeiro...

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...