InicioSociedadeO Concello de Vigo denuncia que Corina Porro "lle regala" á Xunta...

O Concello de Vigo denuncia que Corina Porro “lle regala” á Xunta 15 locais do Casco Vello

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo denunciou este mércores que a presidenta do Consorcio Casco Vello (organismo participado nun 90 por cento pola Xunta e nun 10 por cento polo Concello), Corina Porro, propón “regalarlle” á administración autonómica 15 locais deste organismo para que a Xunta, á súa vez, “os doe a algunha institución”.

Así o trasladou o goberno presidido por Abel Caballero a través dun comunicado, no que lembrou que a Xunta “enganou” a Universidade de Vigo asinando un protocolo no que lle ofrece a cesión de locais que non son da súa propiedade, senón do Consorcio.

“Desde o Concello opóñemonos a que o Consorcio, entidade viguesa, lle regale á Xunta locais comerciais no Casco Vello de Vigo”, advertiu o goberno local, que lamentou a “incapacidade” da presidencia do Consorcio (agora ostentada por Corina Porro, e nos últimos anos por Ignacio López-Chaves) para pór no mercado eses locais.

Por todo iso, o goberno vigués anunciou que, na próxima reunión do Consello de Administración do Consorcio, proporá “unha alternativa que evitará a descapitalización” do organismo, e que este poida seguir o seu labor de rehabilitación, “asegurando a utilización de locais por entidades culturais, turísticas e de diferentes ámbitos da cidade”.

Por outra banda, e en relación coa cesión dun local para establecer en Vigo unha sede do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o goberno municipal confirmou que a apoiará, “pero marcará uns prazos para asegurar que esta proposta da Xunta de Galicia se leva adiante”.

En resposta a este comunicado, o portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, criticou que o goberno de Abel Caballero, que leva “12 anos sen facer nada polo Casco Vello”, queira agora pór “un pau na roda” desta iniciativa, que beneficiará a entidades sen ánimo de lucro. “É dunha mezquindad e dun oportunismo político que non se poden tolerar”, sentenciou, e engadiu que a proposta da presidencia do Consorcio “ten todos os informes favorables”.

ÚLTIMAS

Vigo pide o cesamento da conselleira de Medio Ambiente pola súa “irresponsable xestión” da presa de Eiras

O pleno de Vigo aprobou, cos votos a favor dos socialistas e a abstención...

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...