InicioVal MiñorGondomarGondomar celebra este sábado o IV certame de coplas de Entroido

Gondomar celebra este sábado o IV certame de coplas de Entroido

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este sábado día 15, Sábado Corredoiro, celebrarase o IV Certame de Coplas do Entroido organizado pola Asociación Cultural Centáurea, coa colaboración do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra. Participarán as comparsas Os Tarteiras de Vigo, Animodo de Domaio, O Zooilóxico de Mañufe e Esensias Parrandeiras de Peitieiros.

A troula iniciarase ás cinco e media da tarde; as participantes sairán en pasarrúas dende a Praza de Abastos, seguindo polo parque da Coelleira até a Praza da Paradela, onde as comparsas interpretarán cadansúas coplas.

O acto será presentado e amenizado polos regueifeiros Kike “o fedello de Xixín” e Mani “o trasno da Fraga”, e ao remate entregarase un agasallo ás comparsas participantes e o premio á mellor valorada polo xurado.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...