InicioPolíticaAbel Caballero buscará axuda en Madrid para tentar parar os "abusos" que...

Abel Caballero buscará axuda en Madrid para tentar parar os “abusos” que a Xunta comete con Vigo

Di que "non pode ser" que as Comunidades Autónomas reciban recursos para desenvolver as súas competencias e que, en lugar de facelo, trasladen esas obrigacións aos concellos, obrigándolles a pagar eses servizos cos recursos municipais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, avanzou que trasladará á ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, na reunión que van manter este mércores, a “imperiosa necesidade” de abordar reformas normativas, de revisar a delimitación de competencias e de pór fin ao “matonismo político” de gobernos autonómicos, “como o da Xunta”, que “obrigan” aos concellos a asumir e financiar competencias que son das Comunidades Autónomas.

Así o explicou o rexedor olívico nunha rolda de prensa na que confirmou que vai describir “a Darias a situación das entidades locais e a trasladarlle a “imperiosa necesidade” de reformar a Lei de Bases de Réxime Local e de facer unha “revisión total” da Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local (LRSAL), unha “terrible lei antimunicipalista do PP”.

Así mesmo, con respecto ás competencias, Abel Caballero proclamou que “non pode ser” que as Comunidades Autónomas reciban recursos para desenvolver as súas competencias e que, en lugar de facelo, trasladen esas obrigacións aos concellos, obrigándolles a pagar eses servizos cos recursos municipais.

“Voulle a pedir que acabe esta situación de abuso dalgunhas Comunidades Autónomas, singularmente da Xunta, e confío moito, teño unha gran expectativa”, asegurou Caballero, quen expresou o seu desexo de que a ministra “se converta na gran valedora da administración local”.

“REVERTER OS ABUSOS”

O presidente da FEMP apuntou que a lei debe “recoñecer” a situación na que se atopan as entidades locais, e avogou por “que se delimiten competencias e obrigacións”. “Non imos admitir delegacións que non veñan con recursos e financiamento, e hai que reverter os abusos en marcha, e invalidar leis elaboradas por Comunidades Autónomas que abusan dos concellos”, recalcou.

No caso de Vigo, o alcalde subliñou que o Concello olívico está obrigado a achegar recursos, por exemplo, para as escolas infantís da Xunta, e que tamén achega fondos para actuacións en colexios de primaria que son obrigación da administración autonómica, como o cubrimiento dos patios.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...