InicioSociedadeO xornalista británico que quería viaxar no tren 'pantasma' Vigo-Lugo

O xornalista británico que quería viaxar no tren ‘pantasma’ Vigo-Lugo

Sid Lowe, residente en Madrid e colaborador de medios como The Guardian ou ESPN, pregunta en Twitter, "estrañado", por que non atopa a conexión ferroviaria directa entre ambas as cidades. O seu plan é asistir ao encontro de fútbol de Segunda División entre o CD Lugo e o Oviedo, o 23 de febreiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sid Lowe é un xornalista deportivo británico especialista en fútbol español que colabora con medios como The Guardian, ESPN e The Spanish Football Podcast. Entre os seus plans, ao parecer, está asistir ao partido da Segunda División que enfrontará a CD Lugo e Oviedo no Anxo Carro, o 23 de febreiro.

Residente en Madrid, a súa idea é ir até Vigo (imaxinamos que en avión) e, desde aquí, trasladarse a Lugo. E para completar a súa viaxe se lle ocorreu facelo por tren. O que non sabía o coitado é que ese é un tren pantasma.

Coa idea de chegar á cidade amurallada desde a olívica mediante este medio de locomoción, e contrariado porque non atopaba a conexión ferroviaria entre dúas das principais cidades de Galicia (algo inaudito, pensou coa mente posta no mundo desenvolvido no que vive), decidiu trasladar a cuestión a Twitter: “Pregunta a los que saben. ¿De Vigo a Lugo hay tren? Al parecer, no, pero me extraña”.

Pregunta “ousada” pensou algún: “Usted viene de España, claro. Un poquito osado con la pregunta”, espetoulle un usuario.

O pobre de Sid Lowe deuse un golpe coa realidade galega: “Para venir a Lugo en tren, o haces Vigo-Coruña, Coruña-Lugo, o Vigo-Ourense, Ourense-Lugo, ninguno de los dos recomendable por tiempos y frecuencias. Te recomendaría Vigo-Santiago en tren, Santiago-Lugo en bus. Nuestra triste realidad en pleno siglo XXI, mientras otros estrenan ya AVE lowcost”, respondeulle outro usuario.

Mesma solución deulle outro cidadán: “Vigo-Santiago en tren. Y Santiago Lugo en bus. Ojo, que sea directo este último. Me da vergüenza decírtelo, pero es mi consejo”.

Houbo mesmo quen lle aconsellou descartar esas opcións e optar polo máis común e útil dos medios de transporte para desprazarse por unha Galicia que é un mundo atípico para unha mente británica, o coche: “No, no hay. Sólo autobús y creo que sólo hay uno el viernes y domingo. Mi consejo es que compensa ir en coche jajaja”, respondeulle outro usuario.

Un imperio, o do coche, asumido por moitos, dadas as deficientes infraestruturas ferroviarias en Galicia: “Tocas tema sensible. Gracias a las politicas existentes tenemos movilidad del siglo pasado. Los gallegos nos vemos obligados a tener auto propio, sí o sí. Aún así, bienvenido”, comentoulle unha cidadá.

O certo é que se Sid Lowe quere ir en tren, pode facelo, pero con transbordo na Coruña e, por diante, unha viaxe de 4 horas e 16 minutos para chegar do punto de orixe ao destino, separados en liña recta por tan só 128 quilómetros. Non estraña a súa reacción: “¿En serio? ¡Joder!”.

Por que opción se decidirá Lowe? Non o sabemos, pero se se guía polos consellos da maioría dos que lle responderon, debería optar por Blablacar, o servizo de vehículo compartido. Ou mesmo, como chanceou algún, nunha dilixencia: “Sid, en Galicia llegas antes en diligencia a los sitios que en tren, bus… Eso sí, comerás fenomenal y te importará muy poco lo que ibas a hacer… Si es de trabajo estás jodido…”.

Houbo máis chanzas, como esta: “Aguantas más yendo a Londres andando/nadando que de Vigo a Lugo en tren”, contestoulle outro

Sid Lowe segue buscando o tren Vigo-Lugo como quen busca pantasmas.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...