InicioSucesosDetido un veciño de Vigo por vender haxix na contorna de Sanjurjo...

Detido un veciño de Vigo por vender haxix na contorna de Sanjurjo Badía

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 24 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública por venda de droga.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse ao terse coñecemento da posible existencia dun ‘punto negro’ de venda de estupefacientes na contorna de Sanjurjo Badía, no barrio de Teis.

A Policía despregou un dispositivo de vixilancia e identificou a un mozo que se citaba cos supostos compradores en diversos puntos, tomando precaucións para eludir a acción policial, e marchándose tras realizar rápidos intercambios.

Os axentes localizaron ao sospeitoso a pasada madrugada, cando se dispuña a realizar unha venda. Nese momento foi interceptado e, ao realizarlle un cacheo, atoparon unha “importante cantidade de haxix”, así como diñeiro en efectivo. O home foi detido e trasladado a Comisaría e, tras a realización de dilixencias, foi posto a disposición do xulgado de instrución de Vigo en funcións de garda.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...