InicioEconomíaA Xunta destina 2,28 millóns nas actuacións de aforro enerxético nos campus...

A Xunta destina 2,28 millóns nas actuacións de aforro enerxético nos campus da UVigo

Estas obras facilitarán un aforro de 3,2 GWh e evitarán a emisión de 1600 toneladas de CO2 á atmosfera cada ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), destinará destina 2,28 millóns de euros a actuacións para favorecer o aforro enerxético nos campus da Universidade de Vigo (UVigo).

Segundo trasladou a institución educativa nun comunicado, o Inega financiará así o 80 por cento do investimento necesario para executar sete proxectos de eficiencia e fomento de enerxías renovables en varios edificios dos tres campus (Vigo, Ourense e Pontevedra) mediante unha convocatoria de axudas.

En concreto, seleccionáronse seis proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética e un de fomento de enerxías renovables que, tras a súa execución, facilitarán un aforro de 3,2 GWh e evitarán a emisión de 1600 toneladas de CO2 á atmosfera cada ano. Mentres, o aforro económico da actuación, que se espera que xere 18 empregos, estimouse en 280.000 euros anuais e o período do retorno do investimento calculouse en 2,1 anos.

Deste xeito, as actuacións levaranse a cabo na Biblioteca Central de Vigo, o edificio Filomena Dato, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, a Escola de Enxeñaría Industrial, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, o Edificio de Hierro e, mediante un proxecto conxunto, nas facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación e Ciencias da Educación e do Deporte.

O orzamento total da convocatoria de axudas do Inega ascende a 6,3 millóns de euros para as tres universidades e fixa unha achega máxima por universidade de 2,4 millóns de euros. Ademais, en total, presentáronse 23 solicitudes, das que 21 correspondían a proxectos de aforro e dúas a proxectos de enerxías renovables.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...