InicioSociedadeAumentan as denuncias por neglixencias médicas en Pontevedra e empeora a xestión...

Aumentan as denuncias por neglixencias médicas en Pontevedra e empeora a xestión das Urxencias

Un informe de El Defensor de El Paciente alerta das intencións da Xunta de privatizar a sanidade pública e do empeoramento da xestión das Urxencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia sitúase como a sexta comunidade autónoma máis denunciada en casos de neglixencia médico-sanitaria, segundo recolle a ‘Memoria 2019’ da Asociación El Defensor del Paciente que tamén alerta da intención da Xunta de “privatizar” a sanidade pública.

Segundo a memoria difundida este luns, recollida por Europa Press, Defensor del Paciente rexistrou en Galicia en 2019 un total de 640 casos denunciados de neglixencias, das que 281 corresponderon á provincia da Coruña; 259 á de Pontevedra; 64 á de Ourense e 36 á de Lugo.

En toda España esta asociación recibiu 13.454 denuncias en 2019, o que supón 881 menos que en 2018, das que 757 foi con resultado de morte, o que implica 53 menos que en 2018.

Os hospitais máis denunciados foron o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), seguido do complexo vigués (Chuvi); do de Santiago (CHUS), do de Pontevedra (CHOP) e o de Ourense (CHOU).

O mesmo documento da Asociación El Defensor del Paciente sitúa as urxencias como o servizo ou especialidade máis denunciado en Galicia; seguido das listas de espera; Cirurxía Xeral; Traumatoloxía e Xinecoloxía e Obstetricia.

“Os hospitais andaluces, madrileños e galegos son os que peores servizos de Urxencias teñen por unha xestión deficiente” en España, conclúe na citada asociación na súa ‘Memoria 2019’, na que o CHUS se sitúa en sexto lugar e o Chuac no décimo. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Caballero anuncia que a Tribuna de Balaídos levará o nome de Iago Aspas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que a bancada de Tribuna...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...

Unha persoa resulta ferida nun choque con cinco vehículos implicados en Vigo

Una persoa resultou ferida tras verse afectada por un accidente de tráfico na cidade...