InicioCulturaO pan, o mellor embaixador do Porriño no resto do mundo

O pan, o mellor embaixador do Porriño no resto do mundo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O salón de plenos do concello do Porriño foi hoxe testigo da presentación da IIIª Feira do Pan do Porriño. Coa asistencia das autoridades do Concello do Porriño (Concelleiro de Comercio e Alcaldesa do Porriño) e da Deputación de Pontevedra (Santos Héctor, deputado provincial de Turismo), as 8 panaderías que integran a asociación de panadeiros do Porriño (Argibay, Forno de Mosende, Amaquía, Erundina, Os Milagros, Erundina, Torneiros e Chinchina), presentaron xunto coa presidenta de ACIPOR, Juana Pérez Rodríguez, a programación da súa IIIª Feira que se desenvolverá os días 1 e especialmente o sábado 2 de Xuño.

Ademáis das 8 panaderías, a Feira conta con 8 marcas convidadas (queixos, viños, licores, embutidos, requesón, cervexas artesanas e marmelos tradicionais) e manterá como actividades centrais o pregón da cociñeira porriñesa Marta Rodal Saavedra, o Show Cooking de maridaxe coa escola EFA A Cancela, o Obradoiro de nenos e nenas “O Mini Pan” e o certame de “ Empanadas no Ring” ás 19:00 horas.

A presidenta de ACIPOR, Juana Pérez Rodríguez, agradeceu o traballo de todas as persoas comprometidas coa feira e afirmou que “comezamos con humildade no 2016, pero a velocidade e proxección da mesma, cada ano é maior e queremos que así siga a ser”.

Presentación da feira / Concello do Porriño

A presentación da Feira estivo cargada de intres emotivos no que o Concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, destacou o progresivo salto de calidade que a feira vai experimentando ano a ano.

Pola súa parte, o representante dos panadeiros Juan “Chinchina”, agradeceu a EFA A Cancela e a todas as marcas convidadas a súa colaboración, así como aos patrocinadores e dixo que ano a ano a Feira medra “ e non sabemos onte está o teito desta Feira, por iso agardamos que cada ano, poidamos ter máis apoio e seguir medrando”.

A Alcaldesa do Porriño, Dona Eva García de la Torre, indicou que a Feira do Pan é xa un referente no Porriño e que cada ano, mellora sen pausa, levando o nome do Porriño cada vez máis lonxe.

Na mesma liña se significou o Deputado Provincial de Turismo, Santos Héctor, que comprometeu o apoio da Deputación a un evento que cada ano ten mellor imaxe e prestixio en Pontevedra.

Presentación da feira / Concello do Porriño

A apertura da Feira será o venres cunha degustación de pan do Porriño, cervexa artesana e xamón de castaña cortesía do grupo Coren. O sábado será o día grande da Feira e se agarda unha ampla asistencia de público.

A organización habilitou un aparcamento gratuito e varias mesas e cadeiras para que a xente poida quedar e xantar na feira. Dende a organización tamén se avisa que os interesados en participar no Show Cooking, poden inscribirse vía email en comunicacion@acipor.es dado que as prazas serán limitadas nesta ocasión.

O intre gracioso da presentación aconteceu cando panaderías, autoridades e marcas convidadas estaban facendo a foto de rigor e un peregrino a Santiago, púxose a sacar fotos e rematou tamén na foto oficial cunha bola de pan do Porriño, coa que ao final, foi agasallado, facendo valer a tradicional frase popular “Ei de facer o camino / cunha bota de viño / e unha bola de pan do Porriño”.

ÚLTIMAS

Xúlgase á parella acusada de incendiar dous vehículos de Vitrasa

Unha parella será xulgada este mércores, 25 de xuño, na Audiencia Provincial de Pontevedra,...

“Os alumnos galegos non destacan na PAU porque outras CCAA reducen a calidade e a esixencia”, segundo Román Rodríguez

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou este venres que o alumnado galego adoita...

A Policía desmantela unha rede de tráfico de drogas en Vigo con 74 quilos incautados

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, en funcións de garda,...

Murais para todos os barrios de Vigo

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este venres a adxudicación do XI...