InicioEconomíaO alcalde de Vigo urxe a Xunta a avanzar na ampliación do...

O alcalde de Vigo urxe a Xunta a avanzar na ampliación do Ifevi

Lamentou que aínda non se remitise a documentación ao Concello a pesar de que o Goberno galego dispón dela "desde o día 9" de xaneiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, acusou a Xunta de atrasar as obras de ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) e urxiulle a remisión do proxecto para que o Concello o poida someter a información pública.

En rolda de prensa, o rexedor olívico lamentou que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, “perda o tempo” en remitir unha carta ao Consistorio para coñecer se se optará pola lei de obras de urxencia ou exepcional interese ou pola ordenación provisional para executar a actuación.

Así, Abel Caballero, que incidiu en que aínda non recibiu a misiva, destacou que o Padroado do Ifevi acordou en decembro optar pola primeira, a lei 3/2016, e detallou que a decisión do Concello “se ten que manifestar cando se lle envíe o proxecto”.

Nese sentido, lamentou que aínda non se remitise esta documentación a pesar de que o Goberno galego dispón dela “desde o día 9” de xaneiro e comprometeuse a que o Concello resolverá a súa tramitación “nun día” cando a reciba.

Por este motivo, concluíu que, se a obra se tivese que executar en Santiago ou A Coruña, “xa estaría feita” e acusou á Xunta de apoiar a Seafood de Barcelona en lugar da feira Conxemar de Vigo, cuxos organizadores defenderon a necesidade de ampliar o espazo do Ifevi para acoller máis expositores.

Ademais, advertiu de que tentará falar con representantes de Conxemar, cuxa dirección se reúne este mércores, para trasladarlles esta situación.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...