InicioSucesosO home que arroiou un pelotón ciclista na Guarda e matou dúas...

O home que arroiou un pelotón ciclista na Guarda e matou dúas persoas só parou para desenganchar o cadro dunha bici do seu coche

Está acusado de dous delitos de homicidio imprudente e de sete delitos de lesións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra deixou visto para sentenza este xoves o xuízo contra Manuel Benito A.L., un veciño de Nigrán de 91 anos acusado de dous delitos de homicidio imprudente e de sete delitos de lesións por imprudencia grave ao arroiar co seu vehículo un pelotón de doce ciclistas, dos cales dous faleceron.

Este xoves, o acusado acolleuse ao seu dereito a non declarar polo que a vista oral se centrou nas declaracións das testemuñas que presenciaron o atropelo, así como no atestado da Garda Civil por este suceso, que tivo lugar no termo municipal da Guarda o 12 de marzo de 2016.

Así, o condutor que circulaba detrás do ancián ese día explicou que ambos ían a gran velocidade e que o acusado continuou o traxecto en liña recta despois de arroiar o pelotón e só freou ao chegar a un cambio de rasante. Neste lugar, asegurou, viuno baixarse do coche para retirar o cadro dunha bicicleta que arrastraba enganchada nos baixos do vehículo.

Pola súa banda, os ciclistas feridos relataron como aquel día circulaban en pelotón cando o vehículo que conducía o acusado entrou en diagonal sen reducir a marcha e os arroiou. Despois, dous ciclistas explicaron que viron como o coche paraba no cambio de rasante para darse posteriormente á fuga.

O informe da Garda Civil sinala que o sinistro se produciu nun tramo recto da estrada PO-552, con velocidade limitada a 90 quilómetros por hora, e durante unha mañá con condicións óptimas para a condución. En concreto, fan constar que non houbo deslumbramento, nin refachos de vento que afectasen o vehículo. Ademais inciden en que ao longo da estrada hai advertencias de precaución por presenza de ciclistas.

O condutor foi localizado nun bar a algo máis dun quilómetro de distancia do lugar onde se produciu o accidente e deu negativo no control de alcoholemia e de drogas.

A Fiscalía mantén a súa petición de condena para o ancián de catro anos de prisión, pero modificou a contía da responsabilidade civil, que foi incrementada en 400.000 euros ata chegar aos 1,8 millóns de euros.

O avogado que exerce a defensa de Manuel Benito indicou que o seu cliente só é responsable dunha imprudencia menos grave e pediu que se contemple a atenuante de dilacións indebidas.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...