Home Cultura A ‘Zona Dark’ de Thomas Canet chega a Vigo

A ‘Zona Dark’ de Thomas Canet chega a Vigo

0
A ‘Zona Dark’ de Thomas Canet chega a Vigo
Thomas Canet en Vigo / © Miguel Núñez.

Thomas Canet (Berlín, 1975) é o protagonista da nova exposición que programa o colectivo FVCK na Sala de Fotografía Sargadelos de Vigo.

Canet é un fotógrafo autodidacta fincado en Madrid, onde en pouco máis de dez anos converteuse nun dos mellores retratistas do panorama nacional, sobre todo de personaxes do mundo do espectáculo e de calquera sector de interese.

Cun estilo directo e carente de artificios e de detalles vacuos, Canet é un fotógrafo incansable que discorre con igual comodidade no campo profesional que no persoal, porque a fotografía é parte inherente da súa vida, e unha maneira de buscarse en cada imaxe realizada. Por iso Canet é máis que un excelente retratista, é un fotógrafo complexo e poliédrico. En Criptogramas, o seu primeiro libro monográfico, non só non hai pousados, se non que se mergulla na abstracción monocromática sen outra premisa que a liberdade creativa. A través dos catro tomos, as imaxes en branco e negro son parte dun xogo, cunha mensaxe por descubrir, un xogo que pode completar o observador.

Nesta ocasión presenta ‘Zona Dark’, unha parte moi persoal do seu traballo, no que ven fotografías realizadas en Nova York e Madrid. Todo o traballo é unha mirada a recunchos particulares desas dúas cidades e aos seus protagonistas. Aquí aparece a cor de novo, denso, inquietante e escuro pero fascinante.

A faceta máis coñecida de Canet, que comeza a súa carreira como fotógrafo no ano 2008, tras abandonar o seu traballo de enxeñeiro, é a que ten que ver coa música, xa que fixo numerosas portadas de discos e dirixe videoclips de músicos como Andrés Calamaro, Ariel Rot, Loquillo, Jorge Drexler ou Pablo Alborán. Tamén realizou un documental sobre Diego Vasallo e un libro a medias con Carlos Tarque, vocalista do grupo M-Clan.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here