InicioMedio Ambiente e PatrimonioAcubam achega a beleza natural da Fundación Sales aos nenos de Tomiño...

Acubam achega a beleza natural da Fundación Sales aos nenos de Tomiño polo relevo xeracional no agro galego

PUBLICADO O

- Advertisement -

Acubam, a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, en colaboración co Concello de Tomiño, ven traballando polo sector do agro na Comarca do Baixo Miño dende hai xa máis de 15 anos, e aglutina empresas punteiras de diferentes subsectores como a planta, a froita, a horta e a flor, que representan toda a cadea de valor do sector agrícola.

Aliñado cós obxectivos e as liñas de acción recollidas no Plan Estratéxico sectorial elaborado en 2017, traballan “por poñer en valor o territorio do Baixo Miño e os seus recursos, achegando ás novas xeracións unha visión real e actualizada deste sector como unha verdadeira oportunidade de desenvolvemento profesional e de xeración de riqueza no entorno. Deste xeito contribuímos a paliar unha das principais debilidades actuais: o relevo  xeracional do agro no noso entorno”.

Unha voluntaria sementa nos terreos da Fundación Sales de Vigo / Miguel Núñez

Así pois, desde ACUBAM deseñaron e puxeron en marcha a Actividade “ O Agro nas Escolas”. O desenvolvemento da actividade consiste na participación dos nenos e nenas dos colexios de Educación Primaria do Concello de Tomiño, nun taller práctico na Fundación Sales; fundación que traballa pola dignificación do sector agrícola e a súa posta en valor, a través, fundamentalmente, de accións de divulgación e sensibilización.

Na Fundación poderán desfrutar das súas instalacións, especialmente do seu xardín botánico, e adquirir coñecementos técnicos sobre o sector e experimentar cun taller práctico sobre plantación. Participarán os centros CEIP Sobrada, CEIP Barrantes, CEIP Tebra, CEP Pedro Caselles Beltrán, e mais o CEIP Pintor Antonio Fernández.

 

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...