InicioSociedadeCondenan o Sergas a pagar 30.000 euros por falta de información a...

Condenan o Sergas a pagar 30.000 euros por falta de información a unha paciente cunha sonda de gastrostomía

Un xulgado de Santiago de Compostela deu a razón á familia ao entender que a paciente viguesa foi sometida a varias intervencións médicas "invasivas" sen que houbese consentimento informado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un xulgado de Santiago de Compostela estimou parcialmente un recurso interposto por unha paciente de Vigo, e obrigou ao Sergas a indemnizar esta muller e a súa familia en 30.000 euros, por considerar que a información que se lles trasladou acerca de varias intervencións médicas invasivas ás que foi sometida foi “insuficiente”.

Segundo informaron fontes do despacho de avogados de Cipriano Castreje, que representou á familia afectada, o Sergas rexeitou, mediante unha resolución do pasado 11 de setembro de 2017, a reclamación patrimonial presentada pola familia, que alegaba que non se realizou o consentimento informado nunha operación de colocación dunha sonda de gastrostomía. Tras esta decisión do Sergas, a afectada presentou recurso contencioso administrativo.

Agora, un xulgado de Santiago de Compostela estimou en parte ese recurso, e deu a razón á familia, ao entender que a paciente, que padece problemas de saúde que a fan dependente, foi sometida a varias intervencións médicas “invasivas” sen que houbese consentimento informado.

En concreto, a familia –que está a estudar recorrer o fallo– fixo referencia á falta de consentimento para, ademais doutras intervencións, a colocación desa sonda de gastrostomía, e sinalou que non se comprobou se dita sonda estaba ben colocada.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...