Deshabitar é unha exposición fotográfica de Ramón Siscar na que mostra as consecuencias do abandono, tanto urbano como rural, expondo o binomio habitar/deshabitar. Imaxes evocadoras, acompañadas dun silencio sutil e á vez devastador, cheas de nostalxia, para reflexionar sobre o que acumulamos ao longo da vida. Unha mostra que se pode visitar estes días na galería Sargadelos de Vigo.