InicioEconomíaA Xunta pide explicacións a Caballero sobre "por que non quere que...

A Xunta pide explicacións a Caballero sobre “por que non quere que se amplíe o Ifevi”

A semana pasada o rexedor vigués rexeitou dar licenza directa, pola vía de urxencia, para que a Xunta acometa a ampliación do Ifevi.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, pediu este martes explicacións ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, sobre “por que non quere que se amplíe o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi)”.

Todo isto despois de que a semana pasada o rexedor vigués rexeitase dar licenza directa, pola vía de urxencia, para que a Xunta acometa a ampliación do Ifevi, algo que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, solicitou ao Concello para que a obra estea lista para Conxemar 2020.

“Quen nos ten que dar explicacións é o Concello de Vigo do motivo polo cal o chan utilizado para a ampliación do Ifevi, que estaba contemplado como urbano consolidado para equipamentos no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do ano 2008, por que agora tendo unha ordenación provisional que acaba de ser aprobada no mes de outubro, negouse a que ese chan sexa urbano consolidado e é un chan rústico”, criticou Vázquez.

En declaracións aos medios, antes de asistir na cidade olívica á xornada técnica de presentación do Plan de Autoprotección do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a titular de Territorio da Xunta insistiu neste cambio dado polo Concello vigués o pasado mes, que caracteriza o chan necesario para a ampliación como rústico e non como urbano, como estaba recollido desde 2008.

Se non se outorga esa “licenza directa” que pide o Executivo Galego, debería tramitarse a actuación ao amparo da lei 3/2016, xa que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo está anulado polos tribunais, o que faría “moi difícil” que se chegase a tempo para a feira dos produtos do mar, segundo explicou o propio Feijóo hai uns días.

“O señor Caballero tennos que dicir os motivos polos cales non quere que se amplíe o Ifevi”, sentenciou Anxos Vázquez este martes.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...