InicioPolíticaBaixa a participación nas eleccións en Pontevedra

Baixa a participación nas eleccións en Pontevedra

Máis de 250.000 persoas exerceran o seu dereito electoral ás 14.00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A participación nas eleccións xerais ata as 14,00 horas sitúase na Comunidade galega no 31,93% co 98,63% das mesas analizadas, segundo os datos ofrecidos na páxina web do Ministerio do Interior, ‘https://resultados.10novembro2019.es/‘.

Nas eleccións do 28 de abril de 2019 a participación á mesma hora era do 36,97%, polo que durante as primeiras horas da celebración destes comicios, este valor reduciuse 5,04 puntos porcentuais no conxunto de Galicia.

POR PROVINCIAS

En concreto, todas as provincias presentan neste primeiro avance cifras de participación máis baixas que o 28 de abril de 2019. Na Coruña 291.491 cidadáns xa acudiron ás mesas electorais para votar, o que supón o 31,40% dos censados. Pola súa banda, o 32,91% de pontevedreses con dereito a voto (254.318) xa visitaron as urnas.

En Ourense, 85.992 galegos votaron desde a apertura das mesas electorais, o que significa un 33,18% dos censados. Por último, ata este momento, 83.770 censados en Lugo depositou o seu voto nas súas circunscricións da provincia.

A esta hora da tarde, todas as mesas de Galicia permanecen abertas e a apertura das mesmas transcorreu sen incidentes. Ademais, todos os líderes políticos da esfera galega xa exerceron o seu dereito ao voto.

CONXUNTO ESTATAL

Con respecto ao resto do Estado, os datos nacionais non distan dos galegos aínda que mostran un maior índice de participación. A tal hora, o 37,93% dos españois xa participaron nas eleccións deste domingo.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...