InicioSucesosDetido un home tras causar desfeitas nos xulgados de violencia sobre a...

Detido un home tras causar desfeitas nos xulgados de violencia sobre a muller de Vigo

Un home foi detido en Vigo tras causar desfeitas nos xulgados de violencia da muller da cidade olívica, segundo informan fontes de tribunais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido en Vigo tras causar desfeitas nos xulgados de violencia da muller da cidade olívica, segundo informan fontes de tribunais.

Ao fío das 06,00 horas da madrugada deste sábado, un individuo accedeu ao interior das dependencias xudiciais rompendo dunha pedrada a porta do edificio, que durante as noites non ten vixilancia pero si unha alarma conectada á sede do TSXG, na Coruña.

A continuación, subiu á cuarta planta, onde se sitúa o órgano de violencia da muller e provocou danos nos computadores, material de oficina e mobiliario. O home, que presenta un estado psicolóxico alterado, abandonou o edificio e chamou á policía desde unha cafetaría para confesar o que ocorrera. Atópase a expensas de pasar a disposición xudicial.

Así, fontes de tribunais aseguran que o nome do individuo non figura nos arquivos dos casos que xestiona o órgano de violencia das mulleres. Con todo, aclaran que non podería destruír nada de valor xurídico porque nos xulgados trabállase cun sistema informatizado.

As forzas da orde e o TXSG abriron unha investigación para esclarecer os feitos.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...