InicioSociedadeO Chuvi realiza un procedemento pioneiro en Galicia que mellora o funcionamento...

O Chuvi realiza un procedemento pioneiro en Galicia que mellora o funcionamento dos pulmóns

Consiste na colocación, mediante unha broncoscopia flexible, de pequenas válvulas nos bronquios do lóbulo pulmonar máis afectado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O servizo de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) realizou este mes por primeira vez en Galicia un procedemento mediante endoscopia para reducir o volume pulmonar dun paciente con enfisema grave a través da implantación de válvulas no interior dos bronquios.

O tratamento, que estivo a cargo da Unidade de Pneumoloxía Intervencionista, levou a cabo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o pasado 22 de outubro por primeira vez en Galicia para a “redución endoscópica de volume con válvulas endobronquiales EBV”.

A actuación “foi un éxito” e efectuouse “sen complicacións” nun paciente de 56 anos cun enfisema “moi grave” e “severamente sintomático”, tal como sinalaron na presentación deste xoves os neumólogos que levaron a cabo a operación Manuel Núñez e Maribel Botana. Un acto no que tamén estivo presente, entre outros, o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo, Julio García Comesaña.

Desta maneira, en pouco máis dunha semana o enfermo xa recuperou capacidade respiratoria, que anteriormente era “practicamente nula” debido á gravidade do enfisema que padecía. “A situación do paciente era moi complicada xa que, por culpa do enfisema, non tiña apenas capacidade de exhalar o aire que inhalaba. Apenas podía camiñar 50 metros sen sufrir unha fatiga extrema. Agora xa camiña case 500 metros sen excesiva dificultade”, relatou Núñez.

SEN CIRURXÍA

O procedemento consiste na colocación, mediante unha broncoscopia flexible, de pequenas válvulas nos bronquios do lóbulo pulmonar máis afectado. Desta forma conséguese un efecto de perda de volume pulmonar, o que permite un mellor funcionamento dos lóbulos pulmonares menos afectados pola enfermidade.

O enfisema é unha afección pulmonar que causa dificultade para respirar e está asociado á EPOC. As persoas que padecen enfisema teñen danados os sacos de aire dos pulmóns (alvéolos). Co paso do tempo, as paredes internas dos sacos de aire debilítanse e rompen, o que crea espazos de aire máis grandes en lugar de moitos espazos pequenos.

Isto recude a superficie dos pulmóns e, á súa vez, a cantidade de osíxeno que chega ao torrente sanguíneo. Ao exhalar, os alvéolos danados non funcionan e o aire “vello” queda atrapado sen deixar lugar para que entre aire fresco e rico en osíxeno.

“Coa implantación das válvulas conséguese reducir esa especie de globo que impide a saída do aire e mellorar a calidade respiratoria do paciente”, explicou o doutor Núñez.

TIPO DE ENFERMOS

Este tratamento pódese realizar en enfermos moi concretos con EPOC tipo enfisema moi severo e evita a intervención cirúrxica ou un eventual transplante de pulmón. Por iso, a unidade aspira a converterse en referencia en Galicia para este tipo de técnica “minimamente invasiba”.

Pola súa banda, o xefe do servizo de Pneumoloxía, Alberto Fernández, destacou que a realización deste procedemento é posible “grazas á tecnificación conseguida, á excelente cualificación dos profesionais e, en definitiva, ao alto nivel asistencial que nestes momentos presenta o servizo”.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...