InicioSociedadeCase medio cento de nenos intoxicados por un menú de palometa en...

Case medio cento de nenos intoxicados por un menú de palometa en centros de Pontevedra e Marín

O caso é moi similar ao acontecido en garderías do Morrazo a pasada semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varias decenas de alumnos de centros educativos das zonas de Pontevedra e Marín sufriron este luns unha intoxicación leve a causa do menú de peixe servido no comedor escolar.

A Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra contabilizou, de momento, un mínimo de 41 afectados, todos eles con síntomas similares ás reaccións alérxicas que se rexistraron a pasada semana en varias escolas infantís debido a un menú de palometa. En ambos os casos a cociña estaba xestionada por unha empresa, aínda que se trata tanto de firmas diferentes como de provedores de peixe distintos.

Así o trasladou Rogelio Carballo, presidente de Fanpa, en declaracións a Europa Press. Os afectados déronse en nove centros con comedores xestionados pola federación e en todos eles “serviuse o mesmo prato e o mesmo lote de produto”.

Tratáronse de colexios de Infantil e Primaria e no momento no que os monitores se deron conta de que os alumnos mostraban os primeiros síntomas, como erupciones cutáneas ou malestar estomacal, decidiron retirar o prato por seguridade.

Carballo sinalou que, segundo os primeiros indicios, trátase de “un caso parecido” ao que se rexistrou en varias escolas infantís, ao tratarse dunha palometa con nivel de histaminas por encima do normal e que xerou estas reaccións alérxicas. A federación dirixiuse á Consellería de Sanidade para a realización da procedente inspección tanto das mostras gardadas nos comedores como da rastrexabilidade dos produtos empregados no menú. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...