InicioSociedadeFormación para familias en situación de vulnerabilidade de Tomiño en consumo enerxético...

Formación para familias en situación de vulnerabilidade de Tomiño en consumo enerxético eficiente

Os técnicos municipais tamén recibirán formación en materia de enerxía e consumo eficiente para que a poidan utilizar no seu traballo diario coas familias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Naturgy organiza este xoves unha nova sesión formativa da Escola de Enerxía en Tomiño, en colaboración con este concello pontevedrés, co obxectivo de ofrecer a familias vulnerables pautas para realizar un consumo enerxético máis eficiente.

O taller formativo será este xoves ás 12.00 horas, nas dependencias do Concello. Previamente a esta sesión, os técnicos municipais tamén recibirán formación en materia de enerxía e consumo eficiente para que a poidan utilizar no seu traballo diario coas familias de Tomiño.

Este ano, a Fundación Naturgy xa organizou 20 sesións da Escola de Enerxía en distintas localidades da provincia de Pontevedra, ás cales asistiron máis de 200 familias.

Nas sesións da Escola de Enerxía trabállanse temas relacionados coa eficiencia enerxética ou a optimización de facturas. Tamén se identifica quen pode ter acceso ao bono social, e axúdaselles a solicitalo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...