InicioEconomíaOs accionistas de Barreras ultiman a súa venda ao fondo Oaktree e...

Os accionistas de Barreras ultiman a súa venda ao fondo Oaktree e buscan blindarse ante eventuais denuncias

As auxiliares defenden que cumpriron " escrupulosamente" e reclaman cobrar "toda" a débeda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os accionistas do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras apuran as negociacións para pechar a venda da empresa ao fondo Oaktree (investidor principal de Ritz Carlton), e o acordo poderá pecharse “en poucos días”, segundo apuntaron fontes coñecedoras dos contactos.

As mesmas fontes apuntaron que a operación contempla a venda da totalidade das accións, actualmente en mans de PMI, filial da petroleira mexicana PEMEX (un 51 por cento), do grupo de empresas de José García Costas (un 24,5 por cento) e do grupo Albacora (un 24,5 por cento).

No entanto, sinalaron que o acordo está pendente de que se poidan concertar “moitos intereses”, posto que ningún dos accionistas actuais quere perder as garantías depositadas para a firma de contratos.

Na mesma liña, estas fontes dan por feito que os accionistas saíntes queren blindarse ante eventuais denuncias futuras, e negocian que a venda dos seus títulos lles permita eludir posibles responsabilidades acerca da situación do estaleiro.

Tras sinalar que o acordo de venda se producirá “rápido” e podería pecharse “entre esta fin de semana e a semana que vén”, apuntaron que, a partir dese momento, os novos donos terán “dúas opcións: ou ben contratar un novo equipo directivo que xestione o estaleiro; ou alugalo a outro construtor naval”. “O máis lóxico é que se opte polo primeiro”, afirmaron.

O estaleiro Barreiras, que ten unha carteira de pedidos por máis de 800 millóns de euros, solicitou a pasada semana o preconcurso de acredores, o que lle outorga un prazo de catro meses para negociar a súa débeda.

AUXILIARES

Mentres, a gran maioría de empresas auxiliares abandonaron o estaleiro, e só unha mínima porcentaxe de traballadores se mantén na bancada para evitar rescisións de contratos.

A plataforma de auxiliares acredoras reuniuse este xoves na sede de Asime para analizar a situación, aínda que o seu portavoz, Alberto Rocha, confirmou que ninguén do estaleiro lles informou sobre a operación de venda.

En todo caso, estas empresas manteñen a súa reclamación de cobrar “toda” a débeda, e lembraron que, pola súa banda, cumpriron ” escrupulosamente” desde o primeiro momento co estaleiro. Por iso, piden que o acordo de venda lles teña en conta e apuntaron que os seus créditos, no montante da operación, son “perfectamente asumibles”.

ÚLTIMAS

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...