InicioVal MiñorGondomarInvestigado un veciño de Gondomar pola morte da cadela do seu veciño...

Investigado un veciño de Gondomar pola morte da cadela do seu veciño atrapada nunha trampa

O animal faleceu atrapado por un lazo metálico colocado nas inmediacións dun galiñeiro da súa propiedade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente a un veciño de Gondomar  por un delito relativo á protección da flora e a fauna, por ser o presunto responsable da morte dunha cadela que faleceu atrapada por un lazo metálico colocado nas inmediacións dun galiñeiro da súa propiedade.

Segundo informa a Benemérita, as pescudas iniciáronse a mediados de setembro, cando o dono do animal (pastor alemán) denunciou a súa desaparición. Tras iso, e ao ter noticia de que os restos do can apareceran tirados nunha pista forestal da parroquia de Couso, os axentes chegaron á identificación do suposto responsable.

En concreto, trátase dun veciño do dono da cadela que colocara unha trampa preto do seu galiñeiro coa intención de atrapar ao animal que lle estaba matando as galiñas. E é que, segundo declarou, sacrificáralle “unha vintena” delas nos últimos meses.

A investigación concluíu coa notificación da persoa que colocou a trampa causante da morte do animal como presunto autor dun delito relativo á protección da flora, fauna e animais domésticos, xa que utilizou artes ou elementos de caza non selectivos.

As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Vigo e procedeuse á retirada cautelar das armas de caza que tiña a persoa co fin de iniciar a revogación da licenza.

ÚLTIMAS

Cadeas humanas nos colexios de Vigo este xoves para concienciar contra o acoso escolar

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e País de Alumnado de Vigo e...

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

Investigado un menor de 16 anos, sorprendido ao volante dun turismo en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela identificaron e denunciaron un mozo menor de 16...