InicioSociedadeFeijóo, satisfeito coa venda do hospital Povisa

Feijóo, satisfeito coa venda do hospital Povisa

O presidente da Xunta reitera que se vixiará o contrato e confía en que haberá "maior estabilidade" para os traballadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o Executivo autonómico vixiará, tras a última operación de Povisa, que se cumpra o contrato que o centro sanitario privado ten coa Administración autonómica e confía en “a maior estabilidade” para os seus traballadores.

Apuntouno despois de que transcendese que Povisa, que ten asignadas 134.000 cartillas de pacientes de Vigo, O Morrazo e Val Miñor do Sergas, asinou este xoves a súa venda a Ribera Salud, cuxo accionista maioritario é o grupo estadounidense Centene Corporation, co 90% das accións, mentres que o Banco Sabadell conta co 10% restante.

En concreto, Ribera Salud asinou a compra ao grupo Nosa Terra XXI do 93% do Hospital Povisa, nunha operación que está pendente das autorizacións administrativas correspondentes e da cal non se informou da cantidade paga no comunicado conxunto que ambas as partes emitiron. O grupo Nosa Terra XXI xestionaba desde 1996 este hospital que, con 573 camas e 1.500 profesionais, é o centro hospitalario privado máis grande de Galicia.

Ao termo da reunión semanal do seu Executivo, Feijóo incidiu en que o grupo comprador xestiona sanidade privada en “moitos países” de América e tamén en Europa. “É unha empresa que sabe de xestión sanitaria e que ten un volume de xestión sanitaria bastante importante; non prevemos tensión no que respecta á prestación de servizos”, sinalou.

“Tampouco na reunión que tiveron co conselleiro de Sanidade (Jesús Vázquez Almuiña) se trasladou ningunha tensión co persoal”, apostilou.

CONTRATO

En todo caso, lembrou que Povisa ten un concerto coa área sanitaria da Xunta ata 2022, polo que a Administración galega esixirá o cumprimento do contrato “nos termos pactados”.

Finalmente, asegurou que pide e confía “na maior estabilidade e garantías para todos os traballadores de Povisa”.

A norteamericana Centene faise co 93% do Povisa, o maior centro privado de Galicia

ÚLTIMAS

O persoal de Urxencias do Álvaro Cunqueiro convoca paros diarios polo colapso do servizo

Persoal de Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo anunciou paros diarios de 15...

Caballero esixe á Xunta que resposte á proposta para financiar Balaídos e optar ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou á Xunta que resposte á súa proposta...

Investigan a un octoxenario de Baiona por disparar contra unha vaca e ferir ao seu propietario

A Garda Civil investiga a un veciño de Baiona, de 81 anos de idade,...

O BNG denuncia “colapso sanitario” en Vigo e esixe reforzar a PAC de Pizarro e crear dous novos en Navia e Teis

O BNG de Vigo esixiu un reforzo para o punto de atención continuada (PAC)...