InicioEconomíaPovisa admite "conversas" con Ribera Salud para a venda do hospital aínda...

Povisa admite “conversas” con Ribera Salud para a venda do hospital aínda que “non concretaron acordo”

En caso de confirmarse a venda, fontes da Consellería de Sanidade aseguraron que o Sergas "esixirá e defenderá o mantemento da calidade asistencial" na área sanitaria, así como "o mantemento dos postos de traballo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O hospital Povisa admite que mantivo “conversas” co Grupo Ribera Salud para a venda deste centro sanitario situado en Vigo. No entanto, insiste en que ditos contactos aínda “non se concretaron en ningún acordo”.

Despois de transcender que a venda a Ribera Salud –propiedade da empresa norteamericana de seguros Centene Corporation– podería estar case pechada, fontes de Povisa explican que as conversas entre o Grupo Nosa Terra 21, o vendedor, con este grupo son “do mesmo” calado que as mantidas con outras empresas interesadas en adquirilo.

O maior hospital privado de Galicia, que mantén un convenio co Servizo Galego de Saúde (Sergas) para atender a máis de 135.000 pacientes da área de Vigo, solicitou hai un ano entrar en concurso de acredores ao declarar perdas de sete millóns de euros no ano 2018.

Con todo, retirou o concurso tras un acordo alcanzado coa Consellería de Sanidade en decembro de 2018 polo que a Administración autonómica asumiría o custo das medicacións de alto impacto. En contrapartida, a cota per cápita que recibe Povisa diminuíu de 540 a 504,79 euros.

O SERGAS ESIXIRÁ “O MANTEMENTO” DO EMPREGO

En caso de confirmarse a venda, fontes da Consellería de Sanidade aseguraron a Europa Press que o Sergas “esixirá e defenderá o mantemento da calidade asistencial” na área sanitaria, así como “o mantemento dos postos de traballo”.

Ademais, estas mesmas fontes lembran que o convenio entre a Xunta e Povisa mantense vixente ata o 2022. Deste xeito, aínda que se chegue a efectuar a venda, o servizo tería que manterse.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...