InicioSociedadeRatificada a condena de 17 anos de cárcere para o home que...

Ratificada a condena de 17 anos de cárcere para o home que asasinou o seu veciño na Cañiza

O tribunal provincial aplicoulle unha eximente incompleta de anomalía psíquica, por entender que, no momento dos feitos, o home padecía unha "limitación parcial" das súas capacidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto pola defensa de José Luís V., condenado a 17 anos de cárcere por asasinar cunha rozadora ao seu veciño na Cañiza, e tentar tamén matar á filla deste, e ratificou dita condena.

O acusado foi xulgado por un tribunal de xurado, que o considerou culpable dun delito de asasinato e doutro de homicidio tentado, e a sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenouno a 13 anos de cárcere polo primeiro delito, e a outros 4 anos polo segundo. Ademais, en concepto de responsabilidade civil, impúxolle o pago de indemnizacións á filla do falecido, á súa nai e ao seu irmán, que suman 600.000 euros.

O tribunal provincial aplicoulle unha eximente incompleta de anomalía psíquica, por entender que, no momento dos feitos, o home padecía unha “limitación parcial” das súas capacidades.

A súa representación legal interpuxo recurso de apelación, por non estar de acordo coa gradación das penas impostas, pero o alto tribunal galego rexeitou devandito recurso, e confirmou a condena.

Os feitos remóntanse a xuño de 2017, cando o procesado atopábase cunha rozadora acesa nun camiño que une a casa da vítima cunha leira da súa propiedade, e que era motivo de disputa entre ambos desde facía tempo. O seu veciño e a súa filla saíron da súa casa e achegáronse a el, e J.L.V. atacounos coa rozadora, causándolle a morte ao home e provocando lesións moi graves á súa filla.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...