InicioPolíticaO PP ve o Goberno de Sánchez como "15 meses desperdiciados" para...

O PP ve o Goberno de Sánchez como “15 meses desperdiciados” para Vigo

O PP da cidade olívica lembrou que seguen pendentes as transferencias a concellos, no caso de Vigo, duns 6 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo lamentou este luns que os 15 meses do goberno de Pedro Sánchez foron “15 meses desperdiciados” para a cidade, porque o Executivo socialista “non só non cumpriu cos asuntos pendentes, senón que paralizou proxectos en marcha”.

Así o trasladou, a través dun comunicado remitido aos medios, o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes, quen lembrou que Sánchez non só “bloqueou” ata “antonte” as transferencias a Comunidades Autonómas, senón que seguen pendentes as transferencias a concellos, no caso de Vigo, duns 6 millóns de euros. “E o alcalde e presidente da FEMP aínda non dixo nada”.

Por outra banda, Alfonso Marnotes denunciou que non se sabe “nada” da supresión da peaxe da AP-9 en Rande-Redondela, nin do soterramento da VG-20 ao seu paso por Navia.

Do mesmo xeito, criticou os “atrasos” en proxectos como o AVE a Galicia, a reforma da Avenida de Madrid, a rexeneración da fronte litoral, ou a nova autovía Vigo-O Porriño. “Perdemos 15 meses”, sentenciou Marnotes, quen engadiu que as obras que están en marcha estano porque “foron adxudicadas polo goberno do PP”.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...