InicioDestacadasO BNG pide unha declaración institucional de apoio aos traballadores de Vulcano

O BNG pide unha declaración institucional de apoio aos traballadores de Vulcano

A declaración inclúe demandar "a todas as administracións competentes" que "cumpran os compromisos contraídos co persoal" de Vulcano, que sente "abandonada", e que se tomen medidas "urxentes" para asegurar a actividade e o emprego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG rexistrou no Concello de Vigo, para que sexa aprobada no próximo pleno ordinario, unha proposta para unha declaración institucional de apoio ao mantemento do emprego e da actividade industrial no estaleiro Vulcano, en situación de liquidación.

Segundo trasladou o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, esta iniciativa pretende que toda a corporación olívica, de forma unánime, exprese o seu apoio aos traballadores deste “estaleiro emblemático”, así como aos da industria auxiliar que dependen da actividade nesta bancada.

Así mesmo, sinalou o edil, a declaración inclúe demandar “a todas as administracións competentes” que “cumpran os compromisos contraídos co persoal” de Vulcano, que sente “abandonada”, e que se tomen medidas “urxentes” para asegurar a actividade e o emprego.

“Queremos promover unha posición firme, de cidade (…) Espero que a proposta conte con consenso e se poida aprobar de forma unánime. Os traballadores de Vulcano non se merecen menos”, afirmou Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...