InicioEconomíaO alcalde acusa a Xunta de "pagar a Ryanair" para marchar de...

O alcalde acusa a Xunta de “pagar a Ryanair” para marchar de Vigo

Abel Caballero asegura que Peinador vai recuperar os voos perdidos e retomar a senda de crecemento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que Peinador vai recuperar os voos perdidos e retomar a senda de crecemento, e volveu a culpar á Xunta da marcha de Ryanair da terminal viguesa.

Preguntado polas cifras do aeroporto, que rexistrou un descenso do 7 % no número de viaxeiros nos primeiros 8 meses do ano, o rexedor olívico asegurou que Peinador ten “un crecemento sólido e moi forte”, pero que perdeu os voos de Ryanair “porque a Xunta lle pagou para que se fose de Vigo”.

Segundo o alcalde, a pesar diso, Peinador vai recuperar voos, e instou aos xornalistas a “preguntar á Xunta canto lle paga a Ryanair para que voe desde Santiago e non desde Vigo”.

Así mesmo, lembrou que a aeroliña pretendía asinar un contrato co Concello de Vigo no que nin sequera garantía que ía voar desde Peinador. “En Santiago quen lles paga? A Xunta, co diñeiro de Vigo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...