InicioPolíticaO PP denuncia o peche da oficina do ISFAS en Vigo por...

O PP denuncia o peche da oficina do ISFAS en Vigo por parte do Goberno central, que “ignora” ao alcalde

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo denunciou este luns o peche da oficina do ISFAS (Instituto Social das Forzas Armadas) na cidade, o que afecta a unhas 4.000 familias que terán que desprazarse a Pontevedra para realizar as súas xestións neste organismo, nunha decisión do Goberno central que “ignora” ao alcalde, Abel Caballero.

Segundo trasladou a portavoz do partido en Vigo, Teresa Cendón, este peche mostra a “incapacidade” do rexedor olívico “cando teñen que enfrontarse a decisións desacertadas do seu goberno ‘amigo’ en Madrid”, e a súa pouca influencia no Executivo e no Ministerio de Defensa. “De feito, o alcalde asegurou que non ía deixar que desmantelasen os servizos públicos”, apostilou.

O peche da oficina é, para o PP vigués, “un novo ‘non é non'” para a cidade, e “un desprezo máis que o goberno de Pedro Sánchez realiza a Vigo”.

“Ao alcalde encántalle subirse aos escenarios e facerse fotos, pero cando se trata de atender as demandas dos cidadáns e solucionar os seus problemas queda de brazos cruzados e o seu propio goberno socialista ignórao”, afirmou Teresa Cendón.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...