InicioMovementos SociaisVídeo: Os sen teito de Vigo "suspenden a morte de mañá" tras...

Vídeo: Os sen teito de Vigo “suspenden a morte de mañá” tras ser recibidos no Concello

Nun vídeo subido ás redes sociais, o representante da Acampada, Juan Carollo, declaraba que "de momento queda suspensa a morte de mañá, non queda anulada" e anunciaba que mañá subirá de novo ao concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os integrantes da Acampada contra a Pobreza que levan dous anos e medio diante das portas do Concello de Vigo, “suspenden” a morte de mañá mais “non queda anulada“, en referencia a ameaza de que algún deles podería morrer este xoves que fixeron no pleno vigués.

Durante a sesión, onde se votaban os diferentes puntos da orde do día, Juan Carollo, portavoz da Acampada contra a Pobreza, dirixíndose ao alcalde vigués, Abel Caballero, para dicir que “mañá (polo xoves) haberá unha morte e será responsabilidade do alcalde e da súa concelleira“, en referencia á responsable da área de Benestar Social, Yolanda Aguiar.

SUSPENDEN A MORTE

Nun vídeo subido ás redes sociais, o representante da Acampada, Juan Carollo, declaraba que “de momento queda suspensa a morte de mañá, non queda anulada”. Carollo apuntou tamén que tiveron “unha reunión coa concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar” dentro das dependencias da Policía Local onde “tratamos varios temas”.

Así, destacou que “temos o compromiso da concelleira de reunirnos nos vindeiros días, recoller información e o que non queremos ser é unha pelota de ping-pong”. Dito isto, o representante da Acampada sinala  que este xoves volverá “subir ao concello, onde están todos os partidos políticos e involucralos a todos neste tema“. E volveu sinalar o estado de ánimo da Acampada “estamos fartos xa, pasaron dous anos e medio diante da porta do Concello”.

Seguidamente Carollo quixo sinalar que “nós non temos ameazado a ninguén, son consencuencias que acontecen por falta de axudas en benestar social, moitas veces”. Remarcou estas palabras denunciando que ” que pasa é que cando unha persoa morre na rúa rara vez sae na prensa”.

Por último, explica no vídeo que o de hoxe “foi unha alarma que desta volta se queira denunciar públicamente”. Anunciou que continuarán informando sobre as iniciativas da Acampada cando se teñan máis noticias. “Mañá subirei ao Concello para falar cos partidos políticos. Porque nos temos que involucrar todos, estamos fartos porque se chegou a unha situación insostible” finalizou.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...