InicioMedio Ambiente e PatrimonioO BNG de Vigo pide pospor a obra de Porta do Sol...

O BNG de Vigo pide pospor a obra de Porta do Sol para bucar alternativas e acordo cos veciños

O concelleiro nacionalista Pérez Igrexas lembrou que a reforma de Porta do Sol supón un investimento "millonario" e engadiu que "non parece serio que un proxecto desta magnitude se queira impor cun único modelo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo presentará unha moción, para o seu debate no próximo pleno, na que insta o goberno municipal a paralizar “provisionalmente” o proceso de licitación da obra de peonalización de Porta do Sol, co fin de buscar alternativas á construción do túnel, lograr o acordo con veciños e comerciantes, e deseñar un proxecto duradeiro e non “unha chapuza custosísima que sexa logo imposible de reparar”.

Así o trasladou en rolda de prensa o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, quen constatou que esta gran obra, que ten un investimento previsto de 17 millóns de euros, non conta coa necesaria “complicidade social”.

Segundo o edil nacionalista, son moitos os veciños e comerciantes que mostraron a súa “preocupación” polo impacto que as obras poidan ter na seguridade dos seus inmobles e sinalou que, aínda que a peonalización da zona e a construción dunha gran praza é unha obra “positiva”, debe ser resultado dun estudo pormenorizado.

A ese respecto, Pérez Igrexas lembrou que a reforma de Porta do Sol supón un investimento “millonario” e engadiu que “non parece serio que un proxecto desta magnitude se queira impor cun único modelo”.

Por iso, o BNG presentará esta moción, na que insta o goberno municipal a “paralizar provisionalmente” a licitación, a crear unha comisión técnica que analice outras alternativas ao túnel (e que permitan igualmente a peonalización total), a abrir “canles de diálogo e interlocución” co tecido asociativo e a veciñanza, e a someter o proxecto a exposición pública para que os cidadáns poidan achegar alegacións.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...