InicioPolíticaO PPdeG acusa a Abel Caballero de prexudicar a candidatura das Illas...

O PPdeG acusa a Abel Caballero de prexudicar a candidatura das Illas Atlánticas

O secretario xeral do PPdeG, censurou que o rexedor vigués "equivócase" ao mostrar as súas "discrepancias" coa Xunta, e criticou que, na súa opinión, "o que lle molesta" é que a iniciativa foi da Xunta "desde o primeiro momento".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O viceportavoz do PPdeG no Parlamento e secretario xeral do partido, Miguel Tellado, acusou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, de estar “a prexudicar” á candidatura das Illas Atlánticas a patrimonio da humanidade, debido a que ten “máis posibilidades” se incumbe a todo o parque nacional e non só ás Cíes.

Así se pronunciou a preguntas dos xornalistas en rolda de prensa tras a polémica xurdida en relación cos veciños de Ons, aos que Tellado avogou por “explicar” o proxecto e os seus beneficios.

Así, censurou que o rexedor vigués “equivócase” ao mostrar as súas “discrepancias” coa Xunta, e criticou que, na súa opinión, “o que lle molesta” é que a iniciativa foi da Xunta “desde o primeiro momento”.

A xuízo de Tellado, todos os actores involucrados “deberían ir da man e buscar unha candidatura forte”, pero lamentou que Abel Caballero “antepon intereses persoais e partidistas” neste asunto.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...