InicioMedio Ambiente e PatrimonioVOTA | Cal debe ser a candidatura a Patrimonio da Humanidade, Illas...

VOTA | Cal debe ser a candidatura a Patrimonio da Humanidade, Illas Atlánticas ou só Cíes?

Preguntamos aos lectores que candidatura ven máis oportuna, a da Xunta para as Illas Atlánticas ou a do Concello de Vigo só para as Cíes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia e Concello de Vigo manteñen desde hai meses unha guerra aberta polas súas candidaturas a Patrimonio da Humanidade. Mentres o Goberno galego defende o seu proxecto para a totalidade do Parque Nacional das Illas Atánticas, o Concello vigués reivindica o seu plan específico só para as Cíes.

O conflito, lonxe de solucionarse cun consenso, avívase a medida que ambos os dous proxectos avanzan con apoios e argumentos distintos, e cruces de acusacións.

A Xunta defende que a súa candidatura xa foi aprobada polo Consello do Patrimonio Histórico para a súa inclusión na Lista Indicativa das candidaturas de España a Patrimonio da Humanidade. E o propio presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, lamentou que “é a primeira vez que ocorre” algo así, isto é, a concorrencia de dúas candidaturas cun mesmo fin”.

Pola súa banda, a candidatura viguesa sumou parte da elite científica do país nun grupo de traballo con investigadores das tres universidades galegas, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e do Instituo Español de Oceanografía (IEO), que colabora con outro Comité económico-social, tamén con prestixiosos expertos, e un terceiro técnico creado polo Concello vigués.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, chegou cualificar de “ridículo cósmico” o que están a facer Feijóo e o seu goberno ao manter a candidatura das Illas Atlánticas, á que “se lle apiñan os problemas” e que foi “improvisada” para obstaculizar o proxecto impulsado polo Concello vigués. Mentres, Feijóo presume de que a candidtura da Xunta está xa na fase final coa elaboración dun estudo técnico e científico de expertos das tres universidades galegas en colaboración coa Xunta.

Preguntamos aos lectores que candidatura ven máis oportuna, a da Xunta para as Illas Atlánticas ou a do Concello de Vigo só para as Cíes.

ÚLTIMAS

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...