InicioSociedadeRescatada en Cantabria unha parella de sendeiristas de Vigo, evacuados en helicóptero

Rescatada en Cantabria unha parella de sendeiristas de Vigo, evacuados en helicóptero

A muller sufriu un tirón cando transitaban pola vía ferreta da Hermida (Peñarrubia).

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos de emerxencias do 112 de Cantabria rescataron na tarde do xoves, na vía ferreta da Hermida (Peñarrubia), unha parella de Vigo que foi evacuada en helicóptero despois de que a muller sufrise un tirón nunha perna e queda asegurada do cable de seguridade sen poder avanzar nin retroceder.

A muller, de 35 anos, que sufriu o tirón cando se atopaba na rampla Carla Garrido, estaba a percorrer a vía ferrata xunto ao seu marido de 41, quen avisou da súa situación ao 112 ao redor das 17.45 horas.

O Centro de Xestión de Emerxencias mobilizou a bombeiros do parque de Tama e o equipo de rescate helitransportado.

Os bombeiros chegaron ata a zona percorrendo a vía ferrata completa nun breve espazo de tempo para socorrer as vítimas e aseguráronse de que estaban en boas condicións e asegurados correctamente á parede.

Unha vez que chegou o helicóptero, o técnico de rescate descendeu uns 100 metros pola vía ferrata para izar os afectados.

A muller recibiu asistencia do médico da aeronave e despois foi evacuada xunto co seu marido á helisuperficie de Tama, sen que requirise traslado a un centro médico.

Os bombeiros continuaron o roteiro de volta destrepando a vía ferrata enteira de novo.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...