InicioEconomíaO BNG presenta varias emendas ás ordenanzas fiscais de Vigo

O BNG presenta varias emendas ás ordenanzas fiscais de Vigo

O BNG propón que queden exentos do IBI os titulares de vivendas obxecto de desafiuzamento, e que haxa bonificación do 95% para a Universidade, para inmobles que sexan sede de entidades sen ánimo de lucro, ou para aqueles que sexan cedidos para vivenda social.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG presentou este mércores as súas emendas ás ordenanzas fiscais de Vigo, co obxectivo de avanzar na “progresividade” cunha “fiscalidade socialmente xusta”, que contempla máis bonificacións e exencións para as familias con menos ingresos.

O concelleiro da formación nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, presentou en rolda de prensa as 31 propostas do BNG, baseadas nunha reflexión: “O debate non é se teñen que subir ou non as taxas, senón quen a paga e en que contía”.

Así, o BNG propón que queden exentos do IBI os titulares de vivendas obxecto de desafiuzamento, e que haxa bonificación do 95% para a Universidade, para inmobles que sexan sede de entidades sen ánimo de lucro, ou para aqueles que sexan cedidos para vivenda social.

Pérez Igrexas apostou tamén por “conxelar” o recibo da auga, como medida previa á implantación dunha nova tarificación, para non pagar pola auga que non se consome; e propuxo que queden exentas do recibo as familias con ingresos por baixo do 50% do SMI e perceptoras de Risga.

Por outra banda, con respecto ao Imposto de Actividades Económicas, o BNG expón que se aumente un 15% para empresas que facturen máis dun millón de euros, e que haxa unha recarga do 95% para as casas de apostas e salóns de xogo.

Con respecto á taxa do lixo, os nacionalistas propoñen ampliar as bonificacións a persoas con máis do 65% de discapacidade (aínda que aínda non estean a esperar a súa certificación), e que se reduza o recibo a locais de menos de 50 metros cadrados ou aos que dispoñan de alternativas de compostaxe para residuos orgánicos.

OUTRAS MEDIDAS

O concelleiro do BNG trasladou tamén outras propostas relacionadas coas taxas, como a exención de pago en escolas infantís e outras escolas municipais ou instalacións deportivas para familias con ingresos anuais inferiores a un terzo do SMI, ou desconto do 50% no caso de que os ingresos non superen a metade dese indicador.

Finalmente, tras expor vantaxes fiscais para licenzas de actividade ou construción solicitadas por mozas con ingresos baixos e locais pequenos, o edil nacionalista propuxo aumentar as taxas por instalación de caixeiros na rúa, polas instalacións das empresas de telefonía móbil, ou para locais de máis de 500 metros cadrados.

ÚLTIMAS

PSOE e Vox votan a favor dun novo trazado da A-52 co voto en contra do BNG e a abstención do PP

PSOE e Vox votaron en contra dunha iniciativa na Comisión de Transportes do Congreso...

Caballero irá “xunto” coa RFEF para que Vigo sexa sede do Mundial pero avisa: “Ten que ser rápido”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou o ofrecemento de colaboración da Real Federación...

A Xunta culpa ao goberno de Vigo dos problemas cos sinais no Camiño de Santiago dentro da cidade olívica

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, lamentou este martes que os...

Ecoloxistas en Acción rexeita máis recheos no litoral de Baiona

Ecoloxistas en Acción rexeita o novo recheo no litoral de Baiona e chama a...