InicioSociedadeDeclaración de novas testemuñas do apuñalamento a un mozo en Salceda

Declaración de novas testemuñas do apuñalamento a un mozo en Salceda

O mozo de 24 anos foi apuñalado na madrugada do pasado 8 de xuño á saída dun local de copas de Salceda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A causa xudicial aberta polo apuñalamento mortal dun mozo nunha zona de copas de Salceda  deu outro paso este xoves coa declaración de tres novos testemuñas no xulgado de instrución número 1 do Porriño.

Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) as declaracións destas persoas súmanse ás dunha cuarta, que tivo lugar o pasado 19 de xullo.

Soufian M., de 24 anos, foi apuñalado na madrugada do pasado 8 de xuño á saída dun local de copas de Salceda. Horas despois, un home coñecido como ‘O Alemán’, J.W.K., foi detido pola Garda Civil como presunto autor do crime e decretouse o seu ingreso en prisión provisional, aínda que a súa familia proclamou a súa inocencia desde o primeiro momento.

Tras pasar dez días en prisión, o día 19 de xuño o xulgado ordenou a súa posta en liberdade, motivada polas ampliacións do atestado da Garda Civil, que aludían a un posible erro na identificación do autor do suceso. No entanto, este home mantén a condición de investigado e debe comparecer cada dúas semanas no xulgado.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...