InicioVal MiñorNigránIntervidos máis de 6.000 petardos de venda ilegal na festa do Carme...

Intervidos máis de 6.000 petardos de venda ilegal na festa do Carme en Nigrán

Os efectivos da Patrulla Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Vigo realizaron as inspeccións nos distintos postos de venda ambulante do recinto feiral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil denunciou a unha persoa veciña de Madrid por dedicarse á venda ambulante de produtos pirotécnicos sen autorización e incautouse de máis de 6.000 petardos durante a festa do Carme celebrada o pasado fin de semana en Praia América no municipio de Nigrán

Segundo informou o Instituto Armado, a venda destes artificios pirotécnicos “só pode realizarse en establecementos autorizados e a maiores de 12 e 18 anos”, segundo as distintas clases. Os efectivos da Patrulla Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Vigo, que realizaron as inspeccións nos distintos postos de venda ambulante do recinto feiral, incautáronse o pasado martes de 135 envases que contiñan 6.600 unidades.

“Os produtos incautados son da clase F1 e F2 que teñen unha limitación de idade para a súa venda de 12 a 18 anos”, destacaron as mesmas fontes. “Os da clase F1 son de baixo perigo, para o seu uso tanto dentro como fóra de edificios residenciais e os da clase F2 teñen un perigo medio para ser utilizados ao aire libre en zonas de gran superficie”, concretaron.

A venda destes artificios pirotécnicos sen autorización administrativa “constitúe unha infracción grave do Regulamento de Artigos Pirotécnicos e Cartuchería, e os seus responsables poden ser sancionados con multas desde 300 ata 30.000 euros”, destaca a Benemérita.

A Garda Civil indicou que as distintas unidades deste corpo, con competencias específicas en todo o territorio nacional, realizan inspeccións ao longo do ano nos establecementos de venda de pirotecnia, “intensificando estes controis nas festas populares que son máis proclives á utilización destes produtos”, sinalou.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Noutro de orde de actuacións que levaron a cabo pola Garda Civil no marco do dispositivo de seguridade cidadá neste evento festivo, os efectivos da Patrulla Fiscal e Fronteiras detectaron outra serie de infraccións administrativas que deron lugar a que se formulasen sete denuncias por tenencia e/ou consumo de estupefacientes en lugares públicos.

A iso súmase unha por consumir de bebidas alcohólicas un mozo menor de idade, catro relacionadas coa normativa que regula o comercio interior na Comunidade Autónoma de Galicia e catro máis vinculadas co ámbito laboral e fiscal.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...