InicioSucesosDetido por vender drogas un home ao que se lle interviñeron varias...

Detido por vender drogas un home ao que se lle interviñeron varias papelinas de cocaína en Vigo

Un home de 47 anos con domicilio en Vigo foi detido este luns nesta cidade por un delito contra a saúde pública tras ser interceptado mentres realizaba unha venda e requisárselle varias papelinas de cocaína.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 47 anos con domicilio en Vigo foi detido este luns nesta cidade por un delito contra a saúde pública tras ser interceptado mentres realizaba unha venda e requisárselle varias papelinas de cocaína.

Segundo recolleu a Policía Nacional nun comunicado, a investigación iniciouse este mes no marco do Plan Especial de Loita Contra o Tráfico Medio de Drogas da comisaría da cidade despois de que os axentes tivesen coñecemento dun posible punto negro de de venda de drogas na avenida de Galicia.

Posteriormente, comprobouse que na zona a trasfega de toxicómanos era constante e que estes esperaban por un home co que realizaban un rápido intercambio en puntos determinados da rúa. Debido a que este señor tomaba medidas de seguridade cando contactaba cos posibles compradores, estableceuse un amplo dispositivo nas inmediacións.

Así, cando observaron como este home se dispuña a levar a cabo unha venda, os policías abordárono. Tras identificalo, realizáronlle un cacheo preventivo grazas ao que lle interviñeron varias papelinas de cocaína. Ademais, foi detido e trasladado a dependencias policiais, onde comprobaron que contaba con antecedentes.

ÚLTIMAS

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a...

Rueda inaugura as obras do IES Domingo Villar de Vigo con protestas pola folga de educación

Por outra banda, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP deu este martes...

Cadeas humanas nos colexios de Vigo este xoves para concienciar contra o acoso escolar

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e País de Alumnado de Vigo e...