InicioPolíticaCaballero espera a pronta investidura de Sánchez para coñecer o orzamento do...

Caballero espera a pronta investidura de Sánchez para coñecer o orzamento do que disporá

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) remarcou a necesidade de que a sesión de investidura fixada para a próxima semana conclúa con Pedro Sánchez como presidente do Goberno co obxectivo de que se inicie "inmediatamente" a redacción dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, afirmou este mércores que é “imprescindible” que Pedro Sánchez sexa investido presidente do Goberno “este mesmo mes” para que se inicie a redacción dos novos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) e os municipios poidan ter “perspectiva” respecto da asignación que lles corresponderá.

Preguntado polos medios tras unha rolda de prensa en Vigo, insistiu en que, para iso, é “importantísimo” que España conte cun “goberno estable” que, ao seu xuízo, debe estar dirixido polo líder socialista e actual presidente do Goberno.

Nesta liña, remarcou a necesidade de que a sesión de investidura fixada para a próxima semana conclúa con Pedro Sánchez como presidente do Goberno co obxectivo de que se inicie “inmediatamente” a redacción do PGE.

Deste xeito, destacou que os concellos precisan coñecer as “accións de investimento” das que disporán, así como cal será o “incremento” da asignación incluída no capítulo referido ás entidades locais.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...