InicioVigo e contornaVigoO Parlamento reclama a construcción dunha subestación eléctrica para o parque industrial...

O Parlamento reclama a construcción dunha subestación eléctrica para o parque industrial de Balaídos

A iniciativa, presentada polo Grupo Popular na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, recibiu o respaldo de En Marea e BNG, mentres que o Partido Socialista optou pola abstención.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia instou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a construír unha subestación eléctrica que forneza ao parque industrial de Balaídos, en Vigo, onde se asenta a factoría de PSA Citröen.

A iniciativa, presentada polo Grupo Popular na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, recibiu o respaldo de En Marea e BNG, mentres que o Partido Socialista optou pola abstención.

“Estamos diante dunha reivindicación totalmente xusta, porque cremos que non estamos en igualdade de condicións para competir con outros lugares de España e Europa“, apuntou a deputada do PPdeG Teresa Egerique.

Na súa exposición, lembrou que se trata dunha actuación incluída na planificación para o período 2015-2020 de Rede Eléctrica de España, aprobada durante o goberno do popular Mariano Rajoy.

Así as cousas, a Cámara galega solicita á Administración central que leve a cabo “todas as medidas necesarias para desbloquear este investimento” e así iniciar a construción, que conectaría Vigo á rede de transporte de 220 kilovoltios.

“PSA Balaídos, que está a ser un referente para o grupo grazas á innovación ao saber facer dos seus traballadores, non pode ver reducido o seu nivel de competitividade por carecer dunha suministración eléctrica adecuada“, incidiu Egerique.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...