InicioSucesosDetido un home e desmantelado un punto de venda de drogas nunha...

Detido un home e desmantelado un punto de venda de drogas nunha vivenda de Santo Tomé

A Policía Nacional considera que "era constante a trasfega de toxicómanos pola zona", co "incremento de inseguridade que iso levaba para os veciños".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a un home de 40 anos de idade, de nacionalidade española e con domicilio en Vigo, como responsable dun delito contra a saúde pública e desmantelou un punto de venda de drogas nunha vivenda na zona de Santo Tomé.

Segundo informou a Policía Nacional, a investigación iniciouse a mediados do mes de xuño, dentro do Plan Especial de Loita Contra o Tráfico Medio de Drogas que a Comisaría de Vigo leva a cabo, tras ter coñecemento por investigacións previas da posible existencia dun punto negro de venda de drogas na contorna de Santo Tomé.

Como resultado diso, e polas investigacións realizadas, relataron as mesmas fontes, comprobouse que “era constante a trasfega de toxicómanos pola zona”, co “incremento de inseguridade que iso levaba para os veciños”, engadiron. Durante a investigación, os axentes observaron que os compradores se dirixían a unha vivenda do camiño Freixeiro, onde eran atendidos por un home con quen realizaban “un rápido intercambio” para, a continuación, marcharse do lugar, ou noutras ocasións accedían ao interior e consumían as sustancias na planta baixa.

Ademais, confirmaron que adoptaba diversas medidas de seguridade e tiñan un especial coidado cando contactaba e realizaba intercambios cos potenciais compradores. A Policía destacou que as vendas na zona facíanse nunha vivenda do Camiño Freixeiro “a diversas horas do día e da noite”, aínda que “nalgunhas ocasións o morador facía entregas noutros puntos da cidade”, engadiu.

SEGUIMENTO

Por todo iso, sinalou a Policía, “elaborouse un amplo dispositivo no cal varios indicativos e axentes dispuxéronse estratexicamente polas inmediacións”. Así, a última hora da tarde, cando os policías despregados na zona observaron que o home saía da súa vivenda para realizar unha venda a domicilio, seguírono “discretamente”, matizaron as mesmas fontes.

Cando se detivo nunha rúa contigua a Gran Vía, os policías interceptárono e realizáronlle un cacheo, no cal lle interviñeron varias papelinas de cocaína, unha pequena cantidade de diñeiro en efectivo e un teléfono móbil. Por todo iso, procedeuse á detención e traslado a comisaría deste home, onde se lle tomou declaración e realizouse unha comprobación das bases de datos policiais, na cal se confirmou que xa contaban con antecedentes policiais anteriores, sendo varios deles por feitos similares ao descrito.

A intervención foi levada a cabo por axentes da Unidade de UDEV-Drogas, pertencente á Brigada de Policía Xudicial, da Comisaría de Policía Nacional en Vigo-Redondela. Todo o actuado foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 da cidade olívica.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...